Amigos das viaxes están a ultimar os preparativos de dúas viaxes para estes meses de xuño e xullo. Por unha banda, teñen previsto viaxar a Molinaseca, Palacio de Canedo e á Festa do viño de Cacabelos o vindeiro domingo 16 de xuño. O prezo da viaxe será de 41 euros e aínda quedan prazas libres para completar o segundo bus. Ademais, o 20 de xullo está prevista a partida cara os Fiordos de Noruega, para os que quedan dúas prazas libres. Os interesados poden poñerse en contacto con Jaime no teléfono 609 822 649.