Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación nº 56 Revista Galega de Educación

Durante a celebración do “VII Curso Temático de Verán sobre Educación Infantil da Mariña. Infancia e xogo: xogar para xogar, xogar para aprender”, que vai ter lugar esta fin de semana en Ribadeo vaise presentar o núm. 56 da Revista Galega de Educación. O acto de presentación celebrarase o domingo 30 de xuño a partir da unha e cuarto do mediodía no Teatro de Ribadeo coa intervención de Xesús Fortes, do CIFP Portovello (Ourense); Xesús Ferreiro, coordinador do número; e Paco Veiga, do Consello de Redacción da RGE.

Exit mobile version