Site icon Crónica3.com A Mariña

Preto de 40 establecementos participarán nas actividades do Ribadeo Aberto o venres 5 de xullo

Ribadeo, 23 de xuño de 2013. A vila ribadense acollerá o 5 de xullo, venres, unha nova edición da iniciativa denominada Ribadeo aberto, que nesta ocasión ten o lema Paseo entre desexos. Nas actividades participarán 39 establecementos, que abrirán ata as doce da noite e ofrecerán descontos, promocións, regalos, sorteos e sorpresas. Ademais haberá actuacións musicais e un desfile de moda na rúa Reinante.

Os actos empezarán ás sete e media da tarde cunha exhibición dos Cocos no parque de San Francisco e no Cantón dos Moreno. Ás oito da tarde empezará o desfile de moda, que se celebrará na rúa Reinante coa colaboración de Saia, Anais, Siete Pecados, Mika, Petite Toe, Chocolate Chus, Lencería Julia, Farfala, Petite Poupée, A Flote, Bora Bora, Imagn 365, Eurekakids, Glass e Opticalia. Será presentado polo locutor radiofónico da Cadena Ser e speaker do Breogán de Lugo José Areñas. Ás nove e media desfilarán os Cocos polas rúas e as dez da noite haberá unha actuación do grupo de danza Rúa San Roque no Cine Teatro para rematar cun pasatendas a cargo dos grupos musicais Illa Pancha e Amigos da Gaita.

Os establecementos que ofrecerán promocións, descontos, regalos, sorteos e sorpresas para os clientes son A Flote, Anais, Bar Queimada, Bodegas Ribeirao, Bora Bora, Chocolate Chus, Deportes O´Neal, Eurerakids, Farfala, Global Óptica-Opticalia, La Floristería, Foto Miguel, Gráficas Santiago-A Casa das Letras, Güendolina, Hola Ola Surf y Street Shop, Joyería Azabache, Joyería Cristal, Joyería Modesto G, Joyería Ventura, La Moda Sport, Lencería Julia, Menos Lobos, Mercería Vizcaya, Miss-Tic, Mika Moda y Complementos, Petite Toe, Petite Poupée, Saia, Saia Oulet, Servicios Audiovisuales El Farero, Siete Pecados Clothes & Accessories, PC Coste Ribadeo, Calzados La Moda, La Moda Básico, Valentina Otzi e Óptica Miró.

Ribadeo aberto é unha iniciativa de Acisa e o Centro Comercial Aberto ribadense coa colaboración do Concello de Ribadeo e a Xunta de Galicia.

Exit mobile version