Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematadas as obras de mellora nos accesos ao colexio de Palmeiro en Xove

OBRAS MELLORA ACCESO COLE. PALMEIRO 1O antigo colexio de Palmeiro, hoxe reconvertido en edificio de usos múltiples, foi obxecto dunha importante obra coa mellora dos seus accesos. A actuación está rematada e foi visitada e inspeccionada polo alcalde, Demetrio Salgueiro, acompañado polo aparellador municipal do Concello xovense, Benigno Mon.

O acceso a este lugar estaba conformado por un pequeno vial en curva, que discorre ao lado dun terraplén, e con paso para un só vehículo. Así, o Concello preparou un proxecto para mellorar este acceso, denominado “Acondicionamento e mellora dos accesos e entorno do edificio de usos múltiples de Palmeiro”. A obra de desenvolvemento do citado proxecto foille adxudicada á empresa Carferlo S.L. en 30.636´86 €.

A entrada, pola que antes apenas cabía un vehículo, agora ten un mínimo de 6 metros de calzada. Dado que se trata dun vial que corta un terraplén, o vial leva recollida de pluviais, co cal se mellora a seguridade do vial e se evita o deterioro do mesmo. Tamén, e para unha maior seguridade, asegurouse todo o tramo cun quitamedos polo lado do terraplén.
7coleEn conclusión, esta obra permite facer máis cómodo o acceso ás instalacións do colexio e mellorar a seguridade dos usuarios, permitindo o cruce de vehículos e eliminando o perigo de caída polo terraplén.

Esta obra está englobada dentro do Plan Provincial de Obras e Servizos da Deputación de Lugo. A financiación da mesma é a seguinte:

-Aportación do Concello de Xove 17.480,00 euros (57.05%).

-Aportación da Deputación Provincial 13.156,86 euros (42.95%).

Exit mobile version