Site icon Crónica3.com A Mariña

Rematan as IV Xornada do Bacallau e os montaditos en Vila do Val

Esta será a última fin de semana de “montaditos” no hotel Vila do Val en Ferreira do Valadouro, que se servirán o venres 28 e o sábado 29 de xuño. Os interesados poden degustar unha ampla gama de “montaditos” a un prezo de 2 euros a unidade entre a seguinte proposta para esta fin de semana: ovo revolto, pesto e xamón, sardiña con cebola e pementos, salteado de setas con bacon, xamón cocido, queixo fresco e tomate, e chourizo con pementos. Tamén conclúen as cuartas xornadas do bacallau que se celebraron durante as fins de semana do mes de xuño e que rematan este domingo 30 de xuño. As propostas son: bacallau Vila do Val, bacallau en salsa de ourizos e bacallau en salsa mariñeira con ameixas e lagostinos. O menú inclúe entrante de bocadiños de grelos, un prato de bacallau a elixir entre as tres preparacións, sobremesa caseira, agua, pan e café. O prezo é de 18 euros por comensal e o teléfono para as reservas é o 982 57 16 53.

Exit mobile version