O grupo lucense que o pasado ano levou a Guinea Bissau unha furgoneta con artigs de primeira necesidade para sete aldeas do país ultima a preparación da segunda edición deste proxecto, que, debido ó volume de material, se enviará nun colector por barco no mes de agosto. Para costear o seu envío, realizan unha serie de actividades de ocio entre as que figura a ruta de sendeirismo Vila Verde, de 10 quilómetros de baixa dificultade, que se desenvolverá este domingo 23 de xuño a partir das dez e media da mañá dende os Fornos da Pontenova. Os interesados en partiipar poden apuntarse en facebook ou no enderezo furgoneta.solidaria@gmail.com aportando 10 euros os adultos e 3 os nenos e nenas. Así mesmo, celebrarase unha gala de baile o 30 de xuño no Pavillón Municipal dos Deportes de Lugo.