Site icon Crónica3.com A Mariña

Sábanas Brancas

M. Antonio PF.- Cada vez somos máis os veciños que vemos evidente o intento dos partidos da oposición e dos seus concelleiros por politizar a protesta veciñal sobre o mantemento dos catro médicos nos centros de saúde de Cervo. Na miña humilde opinión esto supón un retroceso porque o que puido ser unha reivindicación na que estivésemos todos unidos acaba por dividirse mesturada con cuestións partidistas e por intentos de rebanchas entre os que gañan e perden as eleccións.

Un dato moi significativo da perda de forza desta reivindicación está no mínimo seguimento que se fai ante a proposta de colocar sábanas brancas nas ventás. Tan só hai que dar un paseo, tanto por Cervo como por San Ciprian, para comprobar que esta iniciativa non está a ser secundada polos veciños e incluso os organizadores non disimulan o seu malestar ante o mínimo seguimento. Quizá porque nos recordan tempos duros da polémica co colexio Rivera Casas onde as pegatinas contra a demolición serviron para sinalar ós bos contra ós malos. Quizá porque estamos cansos de que os políticos non sinalen e nos dividan, e busquen enfrontarnos e, moito máis, que nos manipulen. Coa proposta das sabanas brancas pasáronse de freada porque moitos non estamos dispostos a montar guerras civís porque lles convén aos intereses políticos duns ou doutros.

Como veciños de Cervo queremos ter a mellor sanidade posible. Pero pedir, esixir esto, non da pé a que un grupiño de xente sempre moi cabreada e moi significada politicamente nos trate como títeres ou que incluso veñan de fóra do concello coa intención de montar bulla. Coincido coa señora que lamentaba que no último pleno a protesta se lles foi da man. Ten toda a razón quen dicía que un grupiño de 15 o 25 persoas, manipuladas por políticos, non poden a berros facer estoupar consensos e deberían avergonzarse e pedir perdón os pobo deste concello por facernos perder unha boa oportunidade

M. Antonio PF

Exit mobile version