Site icon Crónica3.com A Mariña

Saíñas celebra o San Xoán

CARTEL CACHARELADA SAN XOÁN 2013A Asociación Saíñas de Xove organiza, por terceiro ano consecutivo, para a noite de San Xoán (do 23 ao 24 de xuño) unha cacharelada no Lugar do Puxigo, en Xove. É o mesmo sitio onde se organiza a sardiñada do San Bartolo. Haberá gaiteiros e cantareiras animando a xornada que tamén constará dunha cea con chourizo, panceta pan e bebida por un prezo de 5 euros. O prato forte antes do acendido da cacharela será unha queimada popular gratuíta.

Exit mobile version