A verdade e que a pesar de saber do seu carácter,sempre positivo, eu tiña medo de atopalo un pouco deprimido despois de levar, como xa dixen, varios días aló internado, e sabendo do seu amor pola liberdade, pero todo o contrario. Atopeime cun home cheo de forza, de ánimo, e incluso contento, contándome a cantidade de visitas que tivera, o que lle aportaba una ledicia grande o saber que conta con tantos amigos. Contoume dos dolores que tiña, pero como quen conta una batalla bélica regodizándose da historia. En fin que me quedei ledo de escoitar o amigo Suso desprendendo vigorosidade cando eu, probe de min pensaba todo o contrario.
Quero dende estas páxinas, dende este espazo que el moitas veces tingue de palabras, para contarnos mil cousas, desexarlle una feliz intervención quirúrxica, e que pronto poidamos volver a velo paseando polas nosas rúas, e escribindo outros mil e pico artigos polo menos, para deleitarnos coa súa sapiencia. Moita sorte Suso. Vémonos.
Caxé