Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ denuncia a política de emprego do goberno do PP de Foz

Primeiro.- A contratación de servizos a empresas privadas , si fai pouco falabamos do servizo de xardinería, do servizo de limpeza viaria, agora vemos a outra nova empresa facendo traballos de xardinería, en vez de sacar prazas temporais, para cubrir as baixas temporais e potenciar o emprego local, prefire contratar o servizo de empresas privadas externas por intereses políticos.

Denunciamos tamén a falta de atención, en servizo de limpeza nos centros escolares, pois en unha praza de xornada completa por baixa laboral, contratase unha empresa por catros horas para facer o mesmo traballo.

Segundo.- TARDE E MAL, de este xeito e como temos que calificar Unifoz a convocatoria de oito prazas PEÓN DE SERVIZO DE LIXO a medía xornada.

-Faise convocatoria con solo cinco día de prazo.
-A publicidade da mesma solo será na páxina e no taboleiro do Concello.
-Na parte de concurso solo se valoran os cursos,,e non se ten en conta ningunha experiencia nin en empresa pública nin privada.

Todo isto despois de fai uns días para unha praza de igual categoría si fixera de outro xeito, e mesmo se puntuara o curso CELGA 5 con cinco puntos, e a experiencia en empresa pública.

Plan especial do Ministerio de Medio Ambiente
Ademais, o grupo municipal de Unifoz ven de presentar unha moción pola que insta ao goberno municipal a solicitar do Ministerio de Medio Ambiente,un PLAN ESPECIAL de colaboración cos concellos costeiros que permita poder facer fronte ao mantemento de praias, paseos marítimos, rutas marítimas, zonas verdes…

Os concelleiros de Unifoz argumentan que ao longo dos últimos anos, o Ministerio de A. A e Medio Ambiente fixo importantes inversións en actuacións costeiras, paseos marítimos, areas de recreo, zonas verdes…… Ademais recordan que nos últimos anos dende a Demarcación de Costas, se colaboraba cos Concellos no mantemento de zonas verdes, limpeza de paseos e limpeza de praias, mediante a empresa pública Tragsa. Ademais, “na actualidade, estamos vendo que por parte do Ministerio non hai ningunha actuación para a colaboración cos concellos costeiros no que se refire a mantemento de infraestruturas construídas por o propio Ministerio, deixando esta difícil tarefa aos concellos”, advirten. E engaden que “de forma particular no verán os concellos costeiros, ven como cada día é máis difícil poder manter os paseos marítimos, rutas, praias, zonas verdes, moitas condicionadas por bandeira azul, Q de calidade, accesibilidade…”.

Exit mobile version