Site icon Crónica3.com A Mariña

Unifoz presenta unha moción sobre a colaboración co Ministerio para a conservación das zonas costeiras

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal Unifoz na Corporación Municipal do Concello de Foz veñen de presentar a seguinte moción pola que solicitan do Ministerio de Medio Ambiente un PLAN ESPECIAL de colaboración cos concellos costeiros que permita poder facer fronte ao mantemento de praias, paseos marítimos, rutas marítimas, zonas verdes…

Para iso, dende Unifoz, argumentan que ao longo dos últimos anos, o Ministerio de A. A e Medio Ambiente fixo importantes inversións en actuacións costeiras, paseos marítimos, areas de recreo, zonas verdes…

Ademais, recordan que nos últimos anos dende a Demarcación de Costas , se colaboraba cos Concellos no mantemento de zonas verdes, limpeza de paseos e limpeza de praias, mediante a empresa pública Tragsa.

Así mesmo, consideran que na actualidade, estamos vendo que por parte do Ministerio non hai ningunha actuación para a colaboración cos concellos costeiros no que se refire a mantemento de infraestruturas construídas por o propio Ministerio, deixando esta difícil tarefa aos concellos.

Finalmente apuntan que de forma particular no verán os concellos costeiros, ven como cada día é máis difícil poder manter os paseos marítimos, rutas, praias, zonas verdes, moitas condicionadas por bandeira azul, Q de calidade…

Exit mobile version