Site icon Crónica3.com A Mariña

Dende Burela a Cabárceno

IMG-20130606-WA0004A Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña” organizou unha viaxe a Cabárceno para os seus usuarios e familiares dentro do programa “Escola de Familias de persoas con enfermidade mental”, un proxecto realizado no marco dun Convenio de Colaboración entre a Asociación “A Mariña” e a Fundación “La Caixa”. O día incluíu saír de Burela ás 8:00 da mañá e chegar ao parque ás 12 do mediodía onde puideron visitar e desfrutar das instalacións. Trátase dunha actividade de convivencia entre os propios usuarios e os seus familiares pero tamén entre as diferentes familias en si mesmas.

Exit mobile version