Este pasado domingo en augas do Miño, a beiras da Escola Lucense de Piragüismo, disputouse a cuarta proba da Copa Galega de Promoción para infantís nas modalidades de K1 e C1 tanto homes como mulleres organizada pola Federación Galega de Piragüismo e coa colaboración da escola lucense de piragüismo.
Dende as 11:00 da mañá preto de 300 padexeiros pertencentes a 37 clubs saíron á auga a disputar a cuarta regata desta Copa Deputación.
Pola súa banda, na categoría Infantil A K1 feminino Mayra Alarcón ocupou a praza 32 a 6:17 da vencedora sumando 194 puntos ó club. E na categoría Infantil A K1 masculino, Pascual Iván Fernández rematou a proba na posición 44, con 182 puntos e a 5:54 do vencedor.
O club Kayak ocupou a praza 23 na clasificación xeral con 883 puntos, clasificación que gañou o CN Pontecesures con 3349 puntos, seguido moi de cerca polo Club as Torres-Romería Vikinga con 3257 puntos e xa un pouco máis alonxado o RCN Rodeira de Cangas que ocupou a terceira praza con 2748 puntos.
As próximas regatas do calendario da XVIII Copa Galega de Promoción son o 6 de xullo a 5ª regata, Campionato Galego de infantís, individual e embarcacións de equipo, 1000 metros en Verducido e o 17 de agosto a 7ª regata de Infantís, Campionato Galego de 3000 metros para embarcacións individuais en Boiro