Site icon Crónica3.com A Mariña

Xove clausura a Escola Municipal de Maiores e abre o Obradoiro de Memoria

Os 40 participantes na Escola Municipal de Maiores do Concello de Xove recibiron este xoves 27 de xuño os seus diplomas da man da concelleira de Servizos Sociais, Ana Abad.

O curso que se celebrou entre outubro de 2012 e xuño de 2013 contou con materias didácticas; pero tamén deixou espazo para a realización de dúas viaxes culturais: unha á Ribeira Sacra co proxecto Km0 da Deputación de Lugo e outra ao concello de Allariz.

O obxectivo primordial da Escola de Maiores é a integración, relación social, comunicación, mellora da calidade de vida e envellecemento activo dos seus participantes, así como a oportunidade de desenvolver a súa creatividade, aptitudes e habilidades.

Comeza o Obradoiro de Memoria
Rematado o curso 2012-2013 da Escola de Maiores, continúan as actividades dentro deste importante colectivo. Neste sentido, o vindeiro 1 de xullo de 2013 dará comezo o Obradoiro de Memoria dirixido a persoas maiores de 60 anos. Para esta edición anotáronse 30 persoas.

Este taller constará de 8 sesións de hora e media cada unha, encamiñadas a previr o envellecemento cerebral e garantir a autodependencia das persoas participantes. Será impartido pola Educadora Familiar, Angélica Casabella.

Exit mobile version