Site icon Crónica3.com A Mariña

Un centenar de persoas desfrutaron este sábado na Pontenova das actividades gratuítas que ofrece a Deputación

lugoteando_pontenovaA Deputación leva o seu programa medioambiental e lúdico Lugoteando ó concello da Pontenova. A iniciativa, que está financiada nun 80 % con fondos Europeos, propón actividades gratuítas coas que se pretende é ofertar novos programas de lecer para os Lucenses ó tempo que potenciar o medio natural que nos rodeas para establecelo como un factor que xere riqueza e emprego. O lugar escollido para a realización desta iniciativa foi o Pazo da Ola, un espazo natural con moito potencial para realizar este tipo de proxectos. As actividades que se ofertaron na Pontenova foron moi variadas. Os xogos estendéronse durante máis de 5 horas. Navegar polo río en pequenas embarcacións, montar en bolas acuáticas, practicar paddle surf ou esquí acuático foron só algunhas das ofertas entre as que as pontenovesas e os pontenoveses puideron elixir. Logo do éxito das edicións anteriores, Ó redor de 100 persoas achegáronse esta tarde ata o Pazo da Ola para participar das actividades propostas pola Deputación.

Máis actividades
A Deputación inclúe no programa de Lugoteando levar o proxecto a outras zonas da comarca lucense. Mañá domingo, as actividades desprazaranse ata A Fonsagrada, onde se poderá facer surf a través dun simulador ou incluso montar en skates a motor. Durante o mes de agosto, Lugoteando irá percorrendo diversas zonas da provincia como no Valadouro, onde chegará o día 3 de agosto e no Incio o 4 dese mesmo mes. A seguinte fin de semana, os días 10 e 11 as actividades están programadas para Viveiro e Monforte de Lemos. Foz e Vilalba deberán esperar ata o 17 e 18 deste mes para desfrutar desta iniciativa da Deputación.

Exit mobile version