Site icon Crónica3.com A Mariña

O Grupo de Teatro de Ribadeo prepara ‘Os putativos’

Foto Ensaio Os putativos 485O Grupo de Teatro de Ribadeo iniciou no pasado mes de xuño os ensaios da nova montaxe Os putativos, do autor arxentino Hugo Daniel Marcos. O elenco é practicamente o mesmo, agás a actriz de Luarca Carmen Luísa López , que foi substituída polo ribadense Manel Yáñez, que vén paliar o déficit de actores masculinos no grupo. Logo dun ano representando Lisístrata, o clásico de Aristófanes, o director Toni Deaño elixiu desta vez unha obra moi distinta. Os putativos é unha comedia de enredo que se desenvolve nun hotel, con ritmos frenéticos de entradas e saídas ao escenario e onde se xoga continuamente cos equívocos. O Grupo de Teatro de Ribadeo ten xa dúas actuacións previstas para o outono, unha en Barreiros e outra en Sarria.

Exit mobile version