En total realizaranse 61 obradoiros teórico-prácticos en centros de ensino lucenses e 16 na Rede Museística Provincial, nos que se procura espertar a capacidade crítica e o gusto pola lectura dos cativos de educación primaria, a través do cine. Traballarase con filmes de OQO, baseados nos seus contos. Deste xeito, incídese na complementariedade de ambas linguaxes e demóstrase como a animación lectora tamén se pode realizar desde a educación audiovisual.
“Qontos en movemento” parte do feito de comprobar como algunhas xeración continúan a considerar os medios audiovisuais unha novidade tecnolóxica que os supera. Tamén coma unha canle chea de prexuízos en canto ao seu valor pedagóxico. Consecuentemente, a súa ensinanza está a ser relegada ao adestramento técnico e continúase a alimentar unha imaxe negativa sobre os seus nocivos efectos. Asemade, é frecuente culpar a estes novos medios das cifras alarmantes de caída de hábitos da lectura na infancia.
Nos obradoiros fomentarase unha compresión critica do audiovisual, máis aló do tradicional uso dos medios audiovisuais como recurso didáctico na aula. Nestas actividades dotarase ao alumnado de ferramentas de análise crítica da comunicación para saber que o que reciben de maneira visual (cine, televisión…), e outorgaráselle unha autonomía e coñecemento, para que poidan gozar das imaxes e descodificalas.