Site icon Crónica3.com A Mariña

A Aula CeMIT de Burela acollerá un curso mecanografía para nenos e outro sobre compras seguras a través da Internet

Burela, 22 de xullo de 2013. A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, acollerá un curso de informática de Mecanografía para nenos durante agosto e outro sobre Compras seguras a través da Internet do 5 ao 9 do mesmo mes.

O curso de Mecanografía para nenos realizarase dende o xoves 1 ata o venres 30 de agosto na Aula CeMIT de Burela co fin de ensinarlles a situar as mans no teclado para escribir de forma correcta, a memorizar a situación das teclas empregando para elo o programa libre “Klavaro” e a sentarse correctamente para non sufrir lesións. O Concello de Burela impartirá esta actividade en tres horarios, o primeiro deles de 10:00 a 11:00, o segundo de 11:00 a 12:00 e o terceiro de 12:00 a 13:00 horas.

A ensinanza de Compras seguras a través da Internet durará unha semana, dende 5 ata o 9 de agosto, en horario de 9 a 10 da mañá. A Aula CeMIT de Burela pretende instruír aos asistentes a realizar as súas compras a través da internet de xeito seguro, así como a coñecer as vantaxes desta forma de compra, entre outras cousas.

Para inscribirse ou solicitar máis información sobre calquera das citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela, sita na Casa da Xuventude, Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web http://cemit.xunta.es/ ou enviar un correo electrónico ao enderezo cemit.burela@xunta.es.

Desde a Concellería de Educación lémbrase aos usuarios que poderán facer uso libre dos equipos e da internet da aula en horario de mañá de 7:45 a 10:00 e de 13:00 a 14:00 horas.

Exit mobile version