Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG valora negativamente un preacordo con conxelación salarial

A Sección Sindical da CIG en Alcoa manifesta o seu desacordo co asinado pola maioría do Comité de Empresa (UGT, CC.OO, APC e CSI.F) na negociación. Trátase dunha conxelación salarial para este ano 2013 e condiciona os IPC’s dos vindeiros tres anos, non só a dar beneficios, se non a dalos por derriba dun nivel determinado.
A maiores de todo isto castígase ás novas incorporacións ás que se lles incrementa en tres anos o tempo que permanecen nos niveles máis baixos. O que supón unha perda de 14.000€ con respecto a un nivel medio, é dicir, máis dun 16% do seu salario bruto.

Estes foron os principais motivos polo que o documento tivo que asinarse por maioría e sen o apoio da CIG, á que non se lle permitiu recoller en acta os motivos do seu desacordo.
Tamén queremos manifestar que non é certo que se vaian manter os 290 postos dos traballadores aos que se lle vai a ofrecer os contratos de relevo pois hai parte que xa se acordou que serán na modalidade (2 x 1), vanse dous contratos de relevo e entra un e por outro lado tampouco se garante que non se lles pode ofrecer aos traballadores paralelamente ao contrato de relevo unha baixa incentivada, perdéndose, de acollerse o traballador a esta última opción, o posto de traballo.

Exit mobile version