Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación colabora coa Festa do Turista de San Cibrao

presentacion festa turista sancibraoA Deputación fai posible a celebración da 32ª edición da Festa do Turista de San Cibrao, achegando 3.000 euros e levando profesionais do Centro de Artesanía e Deseño, que ofrecerán ós participantes cursos gratuítos sobre cestería. “Un ano máis, colaboramos cunha festa que lle aporta un grande valor ó Concello de Cervo e que dinamiza a súa economía”, salientou a deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín, durante a súa presentación. Así mesmo, a Asociación de Comerciantes Industrias e Autónomos de San Ciprián organiza por 5º ano consecutivo o Antroido de Verán, que coincide co fin da xornada da Festa do Turista. O evento comezará a partires das 9 da noite e o desfile de disfraces estará amenizado pola Charanga Dambara. Posteriormente, haberá unha entrega de premios, onde os mellores disfraces serán recompensados. Os premios están dedicados tanto para os nenos como para os adultos e hai un total de 2.000 euros que serán divididos entre todos os participantes.

Exit mobile version