Tal e como destacou Raposo, o convenio subscrito por Xunta, Deputacións galegas e FEGAMP, apunta, textualmente, que “as bases das convocatorias para a selección do persoal son elaboradas pola Xunta de Galicia, comúns para todos os grupos e públicas”. Manuel Martínez denunciou que Guitiriz modificounas as bases, alterando os requisitos dos aspirantes ou as puntuacións. Por exemplo, establece que poden concorrer a estas prazas todas as persoas que teñan cumpridos os 16 anos, cando no convenio se determina que hai que ter 18 anos. Puntúa cun máximo de 4,5 puntos o traballo desenvolto como persoal do Grumir ou nos Grupos Municipais de Emerxencias, cando no convenio a puntuación máxima e de 3 puntos; cun máximo de 1 punto a prestación de servizo en operativos de intervención directa en emerxencias, accidentes, incendios e outras labores de salvamento, cando no convenio son 2,5 puntos; ou cun máximo de 0,5 puntos POR CADA ANO na Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, cando no convenio son 0,5 puntos POR CADA MES.
Contratada a irmá da alcaldesa
En Folgoso do Courel e Quiroga xa contrataron este persoal cando, segundo os prazos fixados pola Xunta, todos os municipios deberían estar en pleno proceso de selección coa elaboración, esta mesma semana, da listaxe de admitidos e excluídos. Non so alteraron o calendario, senón que celebraron un concurso de méritos e non cun concurso oposición, do que saíu contratada a irmá da Alcaldesa do Courel, Lola Castro. “Non só ignoraron o convenio facendo unhas bases propias, senón que fixeron un procedemento fraudulento, ignorando os principios de igualdade ou publicidade, para beneficiar ós amigos”, subliñou.
Clara discriminación
O alcalde de Monterroso, Antonio Gato, destacou que esta situación supón “unha clara discriminación para os propios aspirantes ós GES, para todas aquelas persoas que se están a preparar para un proceso de selección dos mellores, de auténticos profesionais das emerxencias, con formación e prácticas, por vez primeira en Galicia, no sector.