Na actualidade, dentro do plan da Deputación, os operarios están a traballar en Guitiriz, Begonte, Abadín, Cervantes e O Saviñao.
Os traballos do Plan de Rebacheo da Deputación se prolongarán ata agosto para mellorar as comunicacións nos 67 concellos da provincia o qeu supón arranxos en máis de 1.500 quilómetros de estradas.
Importante investimento
O Plan de Rebacheo da Deputación supón un importante investimento por parte do organismo provincial que inviste nestas actuacións 5 millóns de euros. Hai que ter en conta que a rede viaria provincial é a máis extensa de España cun total de 4.200 kilómetros de estradas. A Deputación actuará con este plan de acción na totalidade da rede con intervencións en 3.200 quilómetros.
Outras accións anteriores do organismo provincial permiten o aforro de custes de mantemento. A Deputación empregou en 1.000 kilómetros de estradas aglomerado en quente, material que mantén en boas condicións os viais por máis tempo, o que permite reducir, ano tras ano, a superficie de estradas que é preciso arranxar.
Outras actuacións
O Plan de Rebacheo é unha actuación importante da Deputación na rede viaria provincial pero non é a única. No afán do organismo provincial por mellorar as comunicacións acometéronse nos últimos anos notorias actuacións como a sinalización e o balizamento das vías dos 67 concellos lucenses. Entre outras actuacións, destacan a colocación de máis de 3.400 sinais, un milleiro de paneis direccionais e 400 balizas de neve. Ademais a Deputación sinalou coa súa denominación mediante hitos quilométricos todas as estradas da rede viaria provincial e instalou 13.000 metros de barreiras de seguridade e máis de 4.700 metros de proteccións de seguridade para motoristas.