Site icon Crónica3.com A Mariña

A executiva local do PSdeG de Foz asegura que as manifestacións aparecidas nos medios e pronunciadas pola voceira son “rotundamente falsas”

A Executiva local do PSdeG de Foz ven de reunirse para a toma de decisións sobre a proposta de nomear unha comisión negociadora que posibilite o cambio de goberno en Foz.

En virtude do acordo da asemblea local do pasado día 6 de xullo de 2013, e da autoridade que nos confire o artigo 83 dos estatutos do partido que establece que “…os grupos socialistas das corporacións locais, para todas aquelas cuestións específicas do seu ámbito territorial, dependerán dos órganos de dirección (Executiva e Asemblea), DEBENDO ASUMIR E ACATAR as resolucións e programas en materia política que lles afecten”.

Tomáronse os seguintes acordos:

-Nomear comisión negociadora para iniciar contactos cos demais grupos da oposición para establecer un programa de mínimos que posibilite un cambio de goberno en Foz.

– Dirixirnos ó grupo municipal para convidalos a formar parte da nomeada comisión, sendo aí e non noutros medios onde manifesten o seu posicionamento ó respecto do cumprimento do acordo asembleario.

Do mesmo xeito a Executiva Local asegura que os datos e manifestacións aparecidas nos medios de comunicación e pronunciadas pola voceira socialista son rotundamente falsos e ratificámonos nos datos aportados polo Secretario Xeral.

En relación coas declaracións efectuadas e publicadas nos medios por parte da voceira socialista a comisión executiva valorará establecer ou tomar as medidas que estatutariamente corresponda.

Exit mobile version