Site icon Crónica3.com A Mariña

A Fundación La Caixa colabora co Ribadeo FC no seu centenario

Foto Ribadeo FC e La Caixa (2)Ribadeo, 29 de xullo de 2013. A fundación La Caixa colabora co Ribadeo Fútbol Club con motivo do seu centenario e a publicidade da entidade financieira xa luceu en lugar preferente no estadio municipal Pepe Barrera durante a celebración da 62ª edición do trofeo Emma Cuervo, que disputaron o CD Lugo e o Sporting de Xixón o pasado sábado. As entradas para o Trofeo do Centenario, que enfrontará ao Deportivo da Coruña e ao Real Oviedo o martes 6 de agosto, xa están á venda en catro establecementos hostaleiros ribadenses.

O presidente do Ribadeo FC, Víctor López, explicou que “a fundación La Caixa colabora unha vez máis co deporte e nesta ocasión quixo apoiar ao Ribadeo FC con motivo da celebración do 62º trofeo Emma Cuervo e dos actos de conmemoración do centenario do club”. A directora da oficina de La Caixa en Ribadeo, Belén Maradona García, e Víctor López presentaron o soporte publicitario da entidade financieera que foi colocada no campo de fútbol municipal Pepe Barrera.

As entradas para o Trofeo do Centenario do Ribadeo FC, que disputarán o Deportivo da Coruña e o Real Oviedo o día 6 de agosto ás sete da tarde no estadio municipal ribadense, están xa á venda en catro establecementos hostaleiros de Ribadeo: A Ribeira, Queimada, Cervecería San Roque e El Rincón del Gordo. O prezo é de 15 euros para os adultos e os nenos de ata 13 anos pagarán 5 euros.

Exit mobile version