Site icon Crónica3.com A Mariña

A internacional brasileira Marcela, reforzo do conxunto de Quico Otero

marcelaA internacional brasileira Marcela Nascimento Leandro defenderá as cores do CD Burela FS Pescados Rubén en 2013-14. A ala canarinha, tricampioa do Mundo, chegará á Mariña nos próximos días para incorporarse ao conxunto de Quico Otero.

Marcela (Sete Lagoas, 1988) dá o salto ao fútbol sala español dende o impoñente Kindermann Caçador. Despois de formarse no Minas Clube, a súa primeira convocatoria coa selección brasileira recibiuna en 2010, militando na entidade santacatarinense; en 2012 disputou a liga co Criciúma Construções.

Exit mobile version