Site icon Crónica3.com A Mariña

A Mancomunidade de concellos da Mariña organiza en agosto un curso de lingua galega para inmigrantes

Ribadeo, 23 de xullo de 2013. A Mancomunidade de Concellos da Mariña Luguesa, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística, organizou para o mes de agosto en Ribadeo un curso de lingua galega para inmigrantes.

Segundo explican desde o Concello, “estas xornadas de iniciación á nosa lingua comezarán o luns 12 e rematarán o mércores 28 de agosto. Ocuparán un total de seis días, xa que so se realizarán os luns e mércores, en horario de 9:45 a 11:15 horas da mañá”. Serán os días 12, 14, 19, 21, 26 e 28 do vindeiro mes.

O obxectivo é “ensinar a nosa lingua a todas aquelas persoas que o desexen”.

Todas aquelas persoas que o desexen deben inscribirse pronto, debido a que as prazas son limitadas. Aqueles que necesiten máis información, poderán encontrala na páxina de Facebook MigracionRibadeo ou chamando ao teléfono 982 120 808.

Exit mobile version