A praza de abastos ribadense abrirá os venres pola tarde, de 18 a 21.30 horas, a partir deste venres 5 de xullo. Ademais seguirá co seu horario habitual matutino de luns a sábado de 8 a 15 horas. Por iniciativa da Asociación Profesional de Vendedores de la Plaza de Abastos de Ribadeo a apertura os venres pola tarde será durante este mes de xullo e tamén en agosto. Os clientes da praza ribadense poden atopar nas súas instalacións os mellores produtos da zona, de primeira calidade e a prezos asequibles: froitas, verduras, hortalizas, pescados, mariscos, carnes e embutidos, entre outros. Ademais duns produtos frescos e de tempada, quenes se acheguen ata o tradicional centro de Ribadeo reciben un trato cercano e personalizado por parte dos comerciantes.