Site icon Crónica3.com A Mariña

Academia A Mariña oferta este verán unha serie de cursos moi demandados que comezan co de Primeiros Auxilios

Burela, 30 de xullo de 2013. Academia A Mariña oferta este verán unha serie de cursos moi demandados, que comezan este mércores co de “Primeiros auxilios”.

Independentemente dos Certificados de profesionalidade, Academia A Mariña oferta na época estival unha serie de cursos puntuais que son moi solicitados debido ao seu carácter de obrigatoriedade. O primeiro en ser impartido, o 31 deste mes, será o de primeiros auxilios, que inclúe clases prácticas.

Durante os meses de agosto e setembro haberá unha variada oferta de cursos. Do 19 de agosto ao 30 de setembro terá lugar un curso sobre atención hixiénico-sanitaria a persoas dependentes, con 5,5 créditos baremables; o 16 de setembro dará comenzo un curso de vixiantes de seguridade e escoltas; do 16 de setembro ao 16 de outubro impartirase un curso de atención xeriátrica, con 5,3 créditos baremables; do 16 ao 24 de setembro levarase a cabo un curso de benestar animal: transporte de animais vivos e explotacións agrícolas e do 16 al 27 de setembre Academia A Mariña impartirá un curso de gases fluorados. Xa para os días 5, 19 e 26 de outubro está programa un curso de fumigador agrario (biocidas básico).

O director de Academia A Mariña, Ramón Hermida, cre que estes cursos son moi necesarios porque, “a día de hoy, así se presenta el mercado laboral: el 57% de los jóvenes españoles se encuentran excluidos de él y el 60% de los inscritos en el SEPE (Servicio Público de Empleo Estatal) no posee la formación que se le requiere para el puesto solicitado. Ante esta situación, Academia A Mariña programa una serie de Certificados de Profesionalidad para ser homologados e impartidos cara al próximo curso con el fin de conseguir el mayor grado de inserción laboral”.

As persoas que estén interesadas en acudir a calquera das actividades, poden anotarse chamando ao 900 10 13 62.

Escuela de minitalentos
Tamén seguirá durante o mes de agosto a Escuela de Minitalentos da Academia A Mariña, destinada a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 13 anos. De 9 da mañá a dúas da tarde os asistentes participarán en programas de intelixencia comunicativa, emocional, musical e de expresión corporal. Tamén haberá reforzo con técnicas de estudos e repaso de asignaturas. A Escuela de Minitalentos iniciou con éxito a súa andadura o pasado 1 de xullo e continuará ata o 30 de agosto. Os interesados en que os seus fillos e fillas acudan a dita escola en agosto poden dirixirse ao seguinte número de teléfono: 982 58 25 08.

Exit mobile version