
O grupo de acordeóns de Viveiro ofreceu un concerto no salón de actos da Casa do Concello de Lourenzá o domingo 14 de xullo. Da agrupación que dirixe Lino Rico forman parte tamén David Rodríguez, Ángeles Cuadrado, Herminio Pernas e Esperanza Pérez. Interpretaron un variado repertorio de temas musicais diante dun numeroso público e incluso actuou a alcaldesa laurentina, Emma Álvarez Chao, que interpretou un pasodobre xunto a Lino Rico.