Site icon Crónica3.com A Mariña

Adestradores no campus ‘Máis que fútbol’

CAMPUS MÁIS CA FÚTBOL 001O Campus de Fútbol Base “Máis que fútbol” contou na mañá deste soleado luns 8 de xullo coa visita de Xosé Luís Lemos (actual adestrador do Cerceda, e con pasado no Montañeros, Laracha, As Pontes, e que pertenceu coma xogador na Mariña á Mindoniense ou ó Xove Lago, ademais de equipos de 2ª B coma o antigo Endesa As Pontes), con Manu Sánchez que trala súa experiencia no Orzán da Liga Nacional Feminina, agora adestra a Ural e Arteixo e co adestrador de porteiros da Ponferradina Alberto Casal, que tivo unha ampla experiencia como xogador no Endesa, Lugo, Montañeros ou Racing de Ferrol. Xunto ó director e coordinador do campus, Pablo Fernández, hai un grupo de monitores integrado por Javi Ruíz (adestador do benxamín A do AFD Porto de Burela), Ramiro Chaves Mon (adestrador dos xuvenís do San Ciprián na vindeira tempada 2013-14), Kiko Mariño (porteiro do As Pontes de 3ª división), Xusto Pardeiro (xogador do Viveiro), Marcos Polo (xogador do Cervo), Rodrigo Pinto (licenciado en Inef e que retorna ó Burela), Javi Mogo (con experiencia en organizar eventos deportivos e árbitro de categoría nacional) e Patry Vigo (licenciada en ADE e cursando estudos de máster en xestión e organización de eventos deportivos).

Exit mobile version