Site icon Crónica3.com A Mariña

Animada inscrición no Campus laranxa 2013

A sétima edición do Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS Pescados Rubén (18, 19, 20 e 21 de xullo) está espertando interese. A organización xa recibiu numerosas inscricións dende A Mariña, pero tamén de diferentes zonas da provincia (Sarria, Monforte, Lugo…) e incluso dende Asturias, cunha grande aceptación do alumnado feminino. O prazo de matrícula aínda estará aberto ata o martes 16 de xullo.

Entre o profesorado non só figurarán o ex-técnico do Caja Segovia e novo adestrador do Eto Gyor de Hungría, David Madrid, o director deportivo do Inter Movistar, Javier Lorente, e o seleccionador de Galicia Sub-23 Feminina, Manuel Castillo. Xunto á presenza xa confirmada do adestrador do Burela FS Pescados Rubén de Primeira RFEF, Quico Otero, a familia laranxa tamén estará representada polo seu homólogo en Primeira LNFS, Juanlu Alonso, e os xogadores e xogadoras Juanma, Iago Míguez, Paula e Claudia.

Todos aqueles rapaces e rapazas de entre 6 e 16 anos que queiran gozar dun fútbol sala de luxo terán a folla de matrícula á súa disposición na sede do club (Arcadio Pardiñas, número 91, baixo) ou a través da web http://www.burelafs.org/campus/.

Tarifas
O prezo da matrícula para o alumnado da ED EON Burela FS e dos clubs vinculados á entidade laranxa por convenios será de 35 euros e para o resto de 50. Aqueles alumnos e alumnas que o desexen tamén poderán escoller entre un réxime de media pensión (25 euros máis) e un de pensión completa (60 euros máis).

Exit mobile version