Tal e como sinalou Veiga, “Buxiganga é un proxecto teatral global, que conta con varias ramas entre as que se atopa este programa formativo para actores e actrices. Un dos grandes éxitos deste programa impulsado área de Cultura da Deputación de Lugo é a creación de novos grupos, pasando a integrar o circuíto Buxiganga 30 grupos, onde había 12 cando empezou”.
Grazas ao proxecto teatral Buxiganga, vanse impartir un total de 9 cursos de interpretación dirixidos a actrices e actores afeccionados na provincia, tres deles na comarca da Mariña.
Neste sentido, o Centro Sociocultural de Riotorto acollerá o curso Ponte en Escena, impartido por Rosalía Quelle Castro, os sábados 3, 10, 17, 24 e 31 de agosto, de 10.00 a 14.00 horas; o Cine Teatro de Ribadeo acollerá un curso de Clown, impartido por Marián Bañobre, do 16 ao 21 de setembro, de 20:30 a 23:30 horas, agás o sábado 21, que se desenvolverá en horario de mañá de 9.00 a 14.00 horas; e a Casa da Xuventude de Mondoñedo acollerá as Prácticas de cine, da man de Óliver Laxe, os días 8 e 9 de novembro, de 17.00 a 22.00 horas, e o 10 de novembro durante todo o día. Cada curso ten unha duración de 20 horas, cun custe de 10 euros para os actores participantes dos circuítos Buxiganga e de 20 euros para o resto dos actores.