Dito libro xa foi empregado hai unhas semanas para impartir un curso on line, o primeiro dunha serie planificada e dirixida a alumnos, profesores e profesionais relacionados co mundo da automoción e da electromecánica de vehículos. APAGA tamén organizará cursos de idiomas exclusivos para membros da asociación que participen en proxectos europeos.
Desde APAGA Isidro Berdeal explicou que “este é un libro electrónico e a diferenza en relación co convencional en formato papel é que aquí podemos introducir audios, vídeos, imaxes… entón amplía as posibilidades dun libro convencional. A navegación é moi sinxela, é bastante intuitivo e é moi similar ó que podería ser unha páxina web. Permítenos acceder directamente ós vídeos, permítenos reproducir a formato completo ou a media pantalla ou como nosoutros teñamos determinado. Desde un vídeo poderíamos lanzar enlaces a páxinas web, a un vídeo que estivese colgado en youtube, calquera coa aplicación que se nos ocorra poderíamos lanzala. Igual que iso podemos incluso crear un dicionario. Moitas veces ocorre que cando estamos lendo un libro, e máis cando se trata dun libro técnico, xorden dubidas, non sabemos o que significa unha palabra ou unha determinada expresión dentro dunha frase. Por exemplo, se nos aparecen unhas siglas, nosoutros podemos volcar un significado, unha tradución ou un resume do que significan esas siglas ou unha palabra simplemente”.
Desde APAGA sinalan que “é un medio máis ou unha axuda máis fronte ó que nos ofrecería normalmente un libro convencional en formato papel. A extensión do libro podemos facela das páxinas que queiramos. A gran vantaxe é que o sistema que utilizamos é un editor de libros electrónicos en concreto, que se denomina MTO, e que comprime con medios propios e que un libro de ao mellor 600 ou 700 páxinas con vídeos, audios, imaxes, etc, cabería practicamente nun CD, cousa que ata agora era impensable e tiñamos que recorrer sempre a un DVD ou a elementos que digamos son máis complicados”.
O presidente de APAGA, Álvaro Doural, indicou que “aquela xente que estea interesada en poder adquirir este material pode contactar con nosoutros a través da nosa web, no apartado de contactos, aberto para calquera tipo de comentario e nós nos poñémonos en contacto con el. Esta información non está colgada na web de APAGA, pero si se van a colocar unha serie de temáticas que se poñerán para a xente que queira adquirir calquera tipo de publicación de isto”.
Doural e Berdeal destacaron que “se trata da primeira publicación electrónica que está rematada e que xa se pode comprarse. Aborda o son no automóbil. Parte dun nivel moi básico explicando o que sería o son, os conceptos físicos ata despois loxicamente distintos tipos de radios, distintos tipos de aparatos en xeral, instalacións. É un tema moi interesante, normalmente se ten de lado xa que todo o mundo instala, pero hai unha serie de conceptos que é necesario ter claros á hora de comprar un equipo, un amplificador, un reprodutor… hoxe en día o reprodutor xa non ten moito sentido tendo o teléfono móbil co que podes, a través dun conector, conectarte directamente a un amplificador”.
APAGA oferta o libro xa feito, “temos unha colaboración por parte da empresa que comercializa ese editor de libros electrónicos e a través da asociación tamén se podería tramitar a compra dese posible editor para quen o quixera adquirir. Está en estudio o poder facer un curso on line do editor. Unha vantaxe que ten este sistema, polo menos a nivel docente, é que todos os materiais que tes feitos xa como vídeos ou powerpoints podelo meter aí. Non tes que tirar co que tes, se non que o podes incorporar aí. Entonces está previsto que posiblemente en setembro ou outubro, antes de finalizar o ano se poida facer un curso on line de editor. Ese curso, a nosa idea é ofertalo cun paquete completo: a docencia e o editor. É dicir, que a persoa que queira traballar neste sistema vai ter unha licenza e o curso de formación, porque dar o curso sen ter o editor non ten moito sentido. Vaise sacar a un prezo moi axeitado”.
O prezo do libro El sonido en el automóvil rondará os 30 euros e poderase adquirir a través da web www.apaga.es, contactando con eles. “A persoa que adquira o libro pode utilizalo, pero non modificalo”, engadiron.
A presentación deste libro electrónico é unha actividade paralela ao II Forum de Innovación y Formación de Vehículos que se desenvolverá en Ribadeo do 28 ao 30 de agosto. Na rolda de prensa celebrada este mediodía nas instalacións do hotel O Cabazo tamén estivo o tesoureiro de APAGA, Francisco Javier Rodríguez.