Esta semana deron comezo os Cursos de Iniciación ó Surf, para os nenos e nenas da ACD. Xove, na praia de Esteiro (Xuances). Estes días déronse unhas condicións moi boas para a iniciación, debido a coincidencia da marea baixa coa tarde e unhas ondas moi agradables para os máis cativos. As clases son impartidas por Van Surf School de Esteiro, con todo o material apropiado á disposición dos alumnos e con monitores de alto nivel. Os rapaces e rapazas seguirán ata o día 15 aprendendo a coñecer o mar, as correntes, e como non, as ondas e as formas de subirse a elas enriba dunha táboa, por suposto, manténdose. Sen dúbida, toda unha experiencia.