Site icon Crónica3.com A Mariña

Arquivada a denuncia contra o exalcalde de Foz García Rivera

O Xulgado de Viveiro arquiva a denuncia contra o ex alcalde de Foz, José María García Rivera, ó seu equipo de goberno do ano 2011, ós técnicos municipais, e ós secretarios entrante e saínte daquela época. A denuncia foi interposta por un veciño de Cangas de Foz, por obras realizadas e licencias concedidas no Camiño da Cruz, situado nesta parroquia Focense. Todas estas persoas declararon como imputados no Xulgado de Viveiro.

Según José María García Rivera, “tanto a miña persoa como o meu goberno, e os Técnicos e Secretarios neste caso, actuamos con respeto absoluto á lei, como non podía ser de outro xeito, e todos os informes foron favorables a concesión de ditas licencias.

Incluso no seu momento paráramos por decreto de Alcaldía as obras, pola falta de dous permisos da Xunta referidos a un regato que pasaba por este lugar, e a un cruceiro que había nas inmediacións, cando emitiron informes favorables as Consellerías implicadas,(Medio Ambiente, e Consellería de Cultura), mediante novo decreto continuaron as obras.

Non quero botar leña ó lume pero o noso goberno en Foz duraba moito e molestaba a persoas, primeiro as licencias (caso arquivado), despois isto, e outras cousas máis dan que pensar. Estou orgulloso do traballo que fixemos por Foz, serio, honrado, e con moita transparencia, xa sei que naide nos vai a pedir disculpas, pero sentímonos en paz con nós mesmos.”

José María García Rivera, ex alcalde de Foz.

Exit mobile version