Site icon Crónica3.com A Mariña

‘As Espalladoras’ non participarán na Comisión Sanitaria de Cervo

Cervo 4 de xullo de 2013.- A asociación de mulleres rurais As Espalladoras deron a coñecer este xoves 4 de xullo a súa intención de non participar na Comisión Sanitaria de Cervo, promovida por diversos colectivos, faino como tal asociación, xa que isto non significa que toda socia como persoa individual poida participar en todas as actividades de dita comisión.

Aseguran que adoptan a decisión de abandonar esta plataforma co obxecto de reforzar a súa neutralidade e independencia, en especial, tras os últimos acontecementos xurdidos no último pleno municipal.

Esta asociación está totalmente de acordo da necesidade de catro médicos no termo municipal de Cervo. Así, amosa o seu total respecto por cantas persoas, asociacións ou entidades deciden secundar ou non as actividades de protesta organizadas por este colectivo.

A asociación de mulleres rurais As Espalladoras é unha asociación socio-cultural, a de máis ampla implantación nas parroquias do rural de Cervo, con asociadas de todo o termo municipal

Esta asociación realiza diferentes actividades contando coa colaboración de moi diversas administracións e evitando calquera tipo de posicionamento partidista.

Exit mobile version