Segundo explica a concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, “os cinceiros, de cor azul, están deseñados para que poidan cravarse na area. Ademais dispoñen dunha tapa para evitar que os restos dos cigarros cheguen a caer na area. Servirán por tanto, para que os fumadores non deixen na area os restos dos seus cigarros, e así evitar a presenza de cabichas nos areais de Burela”.
Desde a Concellería de Medio Ambiente convidan “a todos os usuarios das nosas praias a respectar e a manter os nosos areais limpos e en bo estado utilizando os cinceiros. Os que os precisen pode pedirllos no posto aos socorristas”.