Site icon Crónica3.com A Mariña

Axenda de actividades en Cervo

Este mércores 24 celebrarase a Noite do Patín, na que as persoas que se acheguen á Praza dos Campos entre as 22:00 e as 00:30 horas poderán utilizar varios tipos de patíns. Por outra banda, o venres día 26 coñecerase o fallo do xurado do I Concurso de Cómic do Concello de Cervo no que poden participar mozos e mozas de entre 12 e 30 anos. E, o 3 de agosto remata o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de material escolar e libros para o alumnado de segundo ciclo de educación infantil. Aínda está aberta a inscrición para participar nas actividades do Plan de Redución do Abandono Escolar nas que se inclúe a preparación de exames e a adquisición de técnicas de estudo para alumnos de 3º e 4º da ESO e PCPI; os obradoiros de restauración e tuneado de móbiles, customizados de roupa e complementos, agricultura ecolóxica e sostible, e comercio electrónico e tradicional; e os puntos de información e orientación para familias.

Exit mobile version