Site icon Crónica3.com A Mariña

Begasa construirá un novo centro de traballo e atención ao usuario en Foz

Begasa, compañía distribuidora de enerxía eléctrica participada nun 54,95% por E.ON España e nun 44,94% por Gas Natural Fenosa, puxo en marcha o proxecto de construción de dous novos centros de traballo e atención ao usuario na provincia de Lugo.

Estes novos centros de traballo, que se situarán no Parque Empresarial das Gándaras da cidade de Lugo e no Parque Industrial de Foz, na Mariña, supoñen un novo paso da compañía distribuidora lucense para a mellora da eficiencia e a adaptación das instalacións e servizos ás necesidades dos usuarios, así como das condicións de traballo e ergonomía dos traballadores.

Os novos edificios, para os que se prevé una inversión total de ao redor de catro millóns de euros, están deseñados para cumprir os requisitos máis esixentes de deseño, edificación e eficiencia enerxética, xa que estarán proxectados para obter a cualificación enerxética de clase A.

Serán preto de 100 empregados de Begasa dos centros de traballo de Lugo e Foz os que se trasladarán a estas oficinas, que contarán cunha superficie de máis de 4.000 m2 na cidade de Lugo, e 1.400 m2 en Foz, e prevese que a súa construción estea finalizada entre 7 e 6 meses, respectivamente.

As novas sedes estarán en liña co concepto de edificio que E.ON xa implementou nas súas oficinas principais en Santander e que encaixa perfectamente coa súa estratexia para ofrecer una enerxía mellor e máis limpa nas zonas nas que opera.

Exit mobile version