Site icon Crónica3.com A Mariña

Besteiro suma máis de 3.000 visitas ao seu blog no primeiro día e apunta que “aínda queda moito camiño”

O aspirante á secretaría xeral do PSdeG José Ramón Gómez Besteiro acadou máis de 3.000 visitas ao seu blog gomezbesteiro.com no primeiro día da súa apertura, que coincidou co inicio da recollida de avais para facer oficial a súa candidatura para o proceso de renovación do partido. Gómez Besteiro amosa ademais a súa satisfacción e agradecemento “por todas as mensaxes de apoio e de suma” recibidas tanto persoalmente como a través das redes sociais e do correo electrónico, e apunta que “aínda queda moito camiño” para acadar a confianza da militancia e construír un novo proxecto.

O socialista expresa “a enorme ilusión e forza” que está a transmitirlle este proceso, que encara “con humildade” porque “isto acaba de comezar, todos os votos valen o mesmo e non hai nada decidido aínda” nunha etapa “que debe ser só o inicio da remontada do PSdeG”. Asimesmo, destaca “a actitude positiva e participativa” da militancia e incide no positivo “dun proceso democrático e transparente que debe ser exemplo para moitos” e no que “cada cargo e militante decide libremente e cun compromiso estrictamente persoal a quen dar o seu apoio e se quere ou non facelo público de forma explícita”, porque “a liberdade deste proceso consiste precisamente niso, en garantir que cada un actúe como considere que é o máis positivo para o partido e para Galicia”.

Exit mobile version