Site icon Crónica3.com A Mariña

Besteiro supera os 1.125 avais para ser candidato e seguirá traballando “para ter o apoio de todos”

José Ramón Gómez Besteiro, aspirante á secretaría xeral do PSdeG, vén de superar esta tarde os 1.125 avais necesarios para ser candidato, a falta de que remate o proceso este venres, o posterior prazo de alegacións e o reconto e validación final para que as candidaturas sexan oficiais. O socialista agradece “o respaldo e a confianza” que está a obter da militancia estes días, que dá “moita forza” pero lembra que “aínda queda moito”, e que “máis aló dun número, que é importante”, está “o obxectivo de construír un proxecto común para Galicia”. Ademais, Gómez Besteiro apunta que a súa meta non eran eses 1.125 avais, senón sumar apoios por toda a comunidade para ter “un partido forte e unido”, polo que afirma que seguirá traballando “para ter o apoio de todos”.

Nesta liña, o socialista seguirá visitando todas as comarcas e cidades galegas para falar do seu proxecto e intercambiar ideas, unha posibilidade tamén aberta a través do seu blog gomezbesteiro.com. Así, esta noite estará a partir das 21.30 horas na Casa da Cultura de Corcubión nun encontro coa militancia da Costa da Morte.

Máis dun 50% por correo electrónico
Dos case 1.200 avais recibidos ata agora, máis dun 50% foron enviados a través do correo electrónico apoio@gomezbesteiro.com a través das propias agrupacións locais, onde os militantes poden asinar o seu aval polo candidato que elixan, ou ben mandados en moitos casos de xeito individual ou pequenos grupos por persoas das catro provincias. “A pesar das datas, en pleno verán e con festivos e problemas por medio, a militancia do PSdeG está a dar un exemplo e a facer un grande esforzo por participar e facerse oír, e xunto cosa vais chegan tamén moitas mensaxes de ánimo e de futuro que confirman que este proceso de apertura paga moito a pena”, afirma Besteiro.

Exit mobile version