Site icon Crónica3.com A Mariña

Cancelación de ‘Historias na area’

O Concello de Cervo informa da cancelación da actividade “Historias na area” prevista para este venres, que será aprazada para outro día do que serán informados convenientemente. Ademais, o Concello cervense secunda o chamamento realizado dende a FEMP gardando un minuto de silencio diante da Casa consistorial ás 12:00 horas tras a traxedia ferroviaria rexistrada en Santiago de Compostela en sinal de loito e solidariedade coas vítimas e as súas familias.

Exit mobile version