Site icon Crónica3.com A Mariña

Candia acusa a Besteiro de enganar ós estafados polas preferentes asumindo compromisos que logo incumpre

Lugo, 5-7-2013.- Logo de que na Xunta de Goberno deste venres 5 de xullo se aprobase o convenio que rexerá a colaboración entre a Deputación de Lugo e NGB en materia de prestación de servizos entre o Organismo Provincial e esta Entidade Financeira en materia de recadación voluntaria e executiva dos ingresos de dereito público dos que o Ente provincial ten encomendada a xestión de recadación, a voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia, asegurou que este convenio da continuidade á colaboración entre esta entidade bancaria e a Deputación Provincial de Lugo, tendo en conta, esencialmente e primordialmente, a maior implantación física da entidade financeira nas Comunidades Autónomas, especialmente na provincia de Lugo.

Elena Candia acusou a Besteiro de enganar aos estafados polas preferentes asumindo compromisos que logo incumpre e lembrou que no pasado pleno provincial, Gómez Besteiro e os seus socios de goberno, ameazaron a NGB con que, si no prazo dun mes non devolvía o 100% da cantidade aos estafados polas preferentes romperían a relación comercial con esa entidade, sen embargo, esta mañá aprobouse un convenio para renovar, por período dun ano, o convenio con Nova Galicia Banco.

Criticou a popular que das cláusulas deste convenio non se desprende ningún tipo de condicionante ao anunciado no pasado pleno provincial, onde o señor Besteiro e os seus socios de goberno, ameazaban a NGB con que si no prazo dun mes non devolvía o 100% da cantidade aos estafados polas preferentes rompería a relación comercial con esa entidade. (Cita textualmente da proposta de acordo: “requerir a Novagalicia Banco que, no prazo dun mes, inicie a devolución íntegra dos aforros dos afectados e afectadas polas participacións preferentes e obrigacións subordinadas. De non producirse este reintegro a Deputación procederá a cancelar os acordos vixentes coa entidade, tendo en conta a aplicación de criterios obxectivos e a preservación dos intereses da provincia”.)

A popular tachou esta actuación de “falta de respecto” porque coa sinatura do convenio de hoxe, renóvase, por período dun ano, o convenio con Nova Galicia Banco.

“O presente convenio terá vixencia dende a data da sinatura do mesmo ata a igual fecha do ano seguinte, podendo ser prorrogado por idénticos períodos”- manifestou Candia, quen lembrou que ao seu grupo “esta medida parecíalles demagóxica e alertaba de que si tódolos clientes fixesen o mesmo levaríamos a entidade bancaria a unha descapitalización, feito que evidentemente poría en risco maior, non só aos preferentistas, senón tamén ao resto dos clientes da entidade financeira”.

Candia tamén lembrou que na pasada sesión plenaria os populares afirmaron que estes anuncios, feitos en outras entidades locais (por exemplo, en Pontevedra), non se materializaron, o que leva a concluír que por parte de Besteiro e do PSOE, e de Antonio Veiga e o BNG, nas súas actuacións, reflíctese que están a xogar coa preocupación e drama dos estafados polas preferentes.

Elena Candia lamentou a pouca seriedade por parte do Señor Besteiro e dos seus socios de goberno, que están a xogar e a enganar aos afectados polos productos híbridos.

Exit mobile version