Lugo, 4-7-2013.- A voceira do GPP na Deputación de Lugo, Elena Candia, denunciou esta mañá que de confirmarse a proposta de concesión de subvencións destinada a gastos correntes no Servizo de Axuda de Fogar na modalidade de prestación Básica (SAF Básico) para a anualidade 2013 quedaría en descuberto o Servizo de Axuda no Fogar Básico na provincia.
“Gómez Besteiro deixa sen asumir o 84% do custe do Servizo de Axuda no Fogar Básico”- manifestou Candia quen engadíu que esta axuda non acada o 16% do custe do servizo.
A popular insistíu en que os números non cadran cos anuncios que a Deputación manifesta “O compromiso vese nos números e o que Gómez Besteiro manifesta non cadra con eles”- afirmou, quen lembrou que o que é medible non é interpretable.
Elena Candia anunciou que os populares votaron en contra na comisión de valoración, que tivo lugar no día de onte, e advertiron da presunta ilegalidade posto que se incumple unha norma en vigor: o decreto de Servizos Sociais.
A voceira dos populares lembrou que no ano 2011 o informe de seguemento e avaliciación do Plan estratéxico de subvencións do ano 2011, deixou ao descuberto o grado de execución en función do gasto realizado en cada área e concretamente, na área de benestar social, quedou sen empregar 140.211,83€ do crédito dispoñible.
Concluíu Candia manifestando que os grandes titulares do presidente da Deputación non veñen, desgraciadamente, respaldados con cifras.