Unha mostra que naceu a iniciativa dos artesáns, que xa veñen traballando xuntos en proxectos como as Rutas de Artesanía e os Obradoiros con Alma e que agora decidiron recompilar aquel material máis representativo do seu traballo e xuntalo para conformar unha exposición.
Á inauguración, que tivo lugar esta tarde, acudiron o alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Begoña Alonso así como varios dos artesáns que participan na exposición, entre eles tres cervenses: Francisco Fra, carpinteiro de ribeira, Estéfano Gudín, ceramista, e Mari Luz Méndez, palilleira.
A edil de Cultura explicou que este é o segundo concello no que recala esta exposición itinerante, que tamén percorrerá outros municipios da Mariña e que ten o obxectivo de “mostrar el trabajo que realizan habitualmente los artesanos de oficios tan diferentes pero que al fin y al cabo, construyen arte con las manos”. Alonso valorou moi positivamente esta iniciativa de expoñer os traballos de forma conxunta porque permiten aos visitantes “contemplar una gran variedad de oficios y al mismo tiempo, conocer con más profundidad y en primera persona las múltiples joyas de la artesanía que se crean en los numerosos talleres de A Mariña”.