Para iso, instalouse neste espazo de San Ciprián unha mesa con actividades lúdicas e didácticas para o público infantil. Ao mesmo tempo tamén se colocou unha aula móbil dirixida máis especificamente aos adultos e que consistiu nun vehículo adaptado no que recibiron información a través de recursos impresos e audiovisuais sobre a separación do lixo na casa, poñendo especial énfase na necesidade de reducir impropios, é dicir, os residuos que se botan no colector equivocado e que entorpecen o proceso de reciclaxe.
Deste xeito, a Xunta e Sogama ofrecen unha nova edición desta campaña que xa estivera en San Ciprián no mes de setembro do ano pasado e que arrincou de novo o pasado venres. Nesta ocasión aproveitouse o aumento da afluencia de poboación nesta vila a causa das Festas da Virxe do Carme co obxectivo de darlle a máxima difusión e chegar ao maior número de persoas posibles.
A edil de Medio Ambiente, Begoña Alonso, destacou a importancia de “clasificar los residuos de forma correcta para facilitar el posterior proceso de reciclaje” e asegurou que “es necesario seguir haciendo campañas como esta para promover la separación en origen y la concienciación”, sen esquecer “que los esfuerzos individuales tienen recompensas colectivas”.