Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo pon en marcha o I Torneo de Fútbol 7 Río Covo con ata 1.320 euros en premios

torneo_futbol7Cervo, 6 de xullo de 2013- A delegación de Deportes, que dirixe Luis Guillén, convoca o I Torneo de Fútbol 7 Río Covo que se desenvolverá os días 12, 13 e 14 de xullo no campo desta disciplina habilitado recentemente na instalación deportiva. Un campionato no que hai previstos premios en metálico para o primeiro, segundo e terceiro equipo clasificado, de forma que en total se repartirán ata 1.320 euros ademais dos trofeos Pichichi e Zamora.

Un torneo no que se agarda poder contar con 16 equipos, o que permitiría cumprir co calendario de enfrontamentos deseñado polo departamento de Deportes. Para poder participar é necesario que os equipos se inscriban, tendo como prazo ata o 11 de xullo ás 13:00 horas. Para anotarse é necesario pagar a cota de inscrición, dar o nome do equipo e un teléfono de contacto, trámites que se deberán realizar no Concello de Cervo. Para máis información poden chamar ao 680 50 66 35 ou ao 653 52 00 37.

A orde dos partidos decidirase a través dun sorteo que terá lugar o día 11 de xullo ás 20:00 horas no Club Río Covo. Un campionato que se pon en marcha co obxectivo de “propiciar un evento deportivo de encontro para os afeccionados ao fútbol que desexen participar nun torneo no que practicar esta disciplina e competir con outros equipos” tal e como explica o edil de Deportes, Luis Guillén, que asistiu á presentación xunto ao alcalde, Alfonso Villares.

Exit mobile version