Site icon Crónica3.com A Mariña

Cine ó aire libre en Foz

O xoves día 18 de xullo ás 22:30 horas, na Praza Conde de Fontao de Foz, comeza o “Cine de Verán” coa Película VILAMOR. Película galardoada con varios premios e dirixida por Ignacio Vilar. O filme está baseado en feitos reais, en galego e está patrocinada pola Rede de Dinamización Lingüística. Aconsellada para maiores de 12 anos. En caso de choiva, pasarase ao Salón de Actos da Casa da Cultura

Exit mobile version