A oitava edición do Festival Internacional de Música Clásica de Ribadeo, que se desenvolve dende este xoves 11 de xullo ó martes 16 no auditorio Hernán Naval,conta por vez primeira con obradoiros impartidos polos seus intérpretes. O Taller do FIMCR consiste nunha serie de clases maxistrais impartidas polos artistas do Festival, abertas ó público, e que rematarán cunha actuación dos alumnos e alumnas no auditorio municipal. Os profesionais convidados son Jorge Blasco, piano e música de cámara; Cecilia String Quartet (Caitlin Boyle, viola e música de cámara; Rachel Desoer, violonchelo e música de cámara; Min-Jeong Koh, violín e música de cámara e Sarah Nematallah, violín e música de cámara) e Leopoldo Erice, piano, música de cámara e dúo de voz e piano.