Site icon Crónica3.com A Mariña

Clausura do I Máis que fútbol

CAMPUS MÁIS CA FÚTBOL 052A cerimonia de clausura do 1º Campus de Fútbol Base “MÁIS QUE FÚTBOL” levouse a cabo este venres 12 de xullo trala desputa dun campionato entre todos os participantes e unha charla a cargo do adestrador da selección galega sub-18 Luís de Santiago e do xogador do Racing Vilalbés Óscar “La Magia” Martínez. Durante esta xornada tamén visitou o Campus o xogador deportivista en idade xuvenil e criado en Burela, Julio Delgado. Trala charla tanto Luís de Santiago coma Óscar repartiron os diplomas ós 70 nenos inscritos presentes. A organización agradece a colaboración da Deputación de Lugo, o Concello de Burela, a AFD Porto de Burela e o patrocinio de Gadis grazas ós que foi posible organizar este Campus.

Exit mobile version